FACTORES ABIÓTICOS
Son todas as características físicas ou químicas que afectan aos seres vivos dun ecosistema. Nas lagoas os factores abióticos que máis afectan son:
A cantidade de partículas disoltas nas augas das lagoas pode chegar a impedir a fotosíntese da vexetación que vive dentro da auga. En augas moi turbias non hai posibilidade de crecemento, os vexetais morren e entón a concentración de osíxeno descende podendo provocar a morte de moitos seres vivos nas lagoas.
A concentración destes gases favorece a aparición de vida, por unha banda de vexetación que realiza a fotosíntese, e por outra, grazas a vexetación que libera osíxeno aparecen todo tipo de seres vivos, desde os pequenos copépodos ata peixes de distinto tamaño.
A masa de auga fai que a radiación solar soamente penetre preto da superficie, polo que os vexetais acuáticos asentas nesas profundidades. Así, no fondo das partes centrais das lagoas non soe haber vexetación.
A case total ausencia de movemento nas augas das lagoas, incluídas ás das lagoas costeiras, permite o asentamento dunha vexetación que aguanta ben as condicións acuáticas e que pode permanecer na columna de auga grazas á ausencia de movemento, coma sucede coas tapadeiras de grandes follas redondeadas que facilitan a flotación, as cercodianas, que sempre viven somerxidas tendo follas lineais ou as lentellas de auga, tamén con follas flotantes e sen raiciñas agarradas ao solo.
A acumulación de auga doce non sempre é sinónimo de biodiversidade. Deben darse unhas concentracións adecuadas de gases dióxido de carbono e osíxeno e abundancia de nutrientes para que a lagoa non se converta nun pozo negro. Se estas condicións se cumpren a ausencia de movemento das augas vai condicionar a aparición de vexetación que é capaz de vivir en terreos enchoupados ou incluso dentro das auga. Para iso a evolución dotou aos vexetais de distintas estratexias para aguantar no medio acuático, coma as lentellas de auga, con raíces case inexistentes, ou as tapadeiras ou espigas de auga, con gran cantidade de ocos nos tecidos das follas que permiten a flotación , así coma inexistencia de tecidos de sostén coma nas cercodianas.
FACTORES BIÓTICOS
Os factores bióticos son todas as relacións que se establecen entre os seres vivos dun ecosistema, tanto entre os individuos dunha especie como entre os individuos de diferentes especies. As relacións poden ser positivas, neutras ou negativas para cada un dos organismos que entra na relación. Algunha das relacións que se establecen nas lagoas son:
As relacións habituais que se establecen entre os individuos dunha lagoa son a competencia e a cooperación.
Hábitat lagoas: Que é? | Descrición | Vexetación | Factores | Formación | Enlaces