A lentitude do movemento de auga das lagoas permite a aparición de vexetación adaptada a estes medios, distribuída en bandas aproximadamente paralelas segundo a súa dependencia do medio acuático.
A profundidade máxima á que chegan os vexetais acuáticos, que viven dentro dos lagos é dun metro, pois a maior profundidade a radiación solar que chega non permite a realización correcta da fotosíntese.
Unha zonación habitual é a que segue:
- Plantas profundas que teñen as súas follas flotantes: como as tapadeiras.
- Plantas profundas coas follas moi divididas, baixo a auga: coma a cercodiana.
- Plantas coa súa base dentro da auga pero con largas cañas erectas, coma as espadanas, carrizos, antelas, máis outras coma a espadana amarela. Esta vexetación pódese atopar tamén nos fondos de ría.
- Nas zonas máis calmas de calquera lagoa e regato fórmanse mantas de lentellas de auga.
- As augas salobres de moitas lagoas costeiras condicionan a desaparición da vexetación anterior e o asentamento de vexetación máis parecida ás das marismas.
Hábitat lagoas: Que é? | Descrición | Vexetación | Factores | Formación | Enlaces