A configuración dos matos en Galicia depende básicamente da degradación dos bosques previos que existían nesa zona, aínda que en determinadas zonas, coma as altas montañas, cantís ou brañas os matos son as comunidades climax. Independentemente de como se formen, hai varios factores abióticos e bióticos que van condicionar a existencia dun tipo ou outro de mato, polo que a continuación explicaránse algúns desde factores.
FACTORES ABIÓTICOS
Son todas as características físicas ou químicas que afectan aos seres vivos dun ecosistema. Nas formacións de mato os factores abióticos que máis afectan son:
O grado de insolación dunha zona vén determinado pola súa orientación (cara o N, cara o S), pola súa altitude (a maior altitude, maior insolación) e pola súa latitude (en latitudes máis baixas a insolación é maior).
En Galicia o grado de insolación non é excesivo, agás na parte oriental do val do Sil e os seus afluentes da marxe esquerda. Nestas zonas o clima pódese considerar mediterráneo, con gran amplitude térmica, escasas precipitacións e gran insolación en primavera e verano. Por iso, tanto as árbores coma os matos que crezan nestes lugares deben desenvolver estratexias para aguantar as fortes insolacións estivais. Nese senso unha das estratexias máis utilizadas é a expulsión de aceites esenciais ou resinas pegañentas que refrescan a superficie da planta e reflexan a luz, evitando a perda de auga. Este é o caso do ládano das estebas do val do Sil. O ládano é unha resina pegañenta que impregana o face das follas, relfexa a luz e evita a excesiva calefacción e insolacións da planta. En outono, coas chuvias, elimínase e as follas poden aproveitar o escaso sol invernal. Outra maneira que teñen os vexetais de evitar a agresión dos raios solares é cubrirse con peluxes protectores, coma sucede co tomiño ou o cantroxo, que tamén liberan aceites esenciais. As peluxes dan a estas plantas un coñecido tono cincento. Ademais as follas soen ser pouco carnosas, duras ou moi grosas. Ás veces teñen poucas follas ou desenvólvense espiñas no talo, como é o caso dos piornos pinchudos, todo elo para evitar a perda de auga por transpiracións.
Os solos derivan das rochas que hai embaixo máis a actividade que se desenvolve na superficie das mesmas. En Galicia a maioría das rochas son granitos, xistos e lousas, que desenvolverán solos pobres en nutrientes; soamente no extremo suleste e en determinadas puntos do Courel aparecen solos desenvolvidos a partir de calcáreas, máis ricos en nutrientes, e na Serra da Capelada e Terra de Melide hai solos que se desenvolven a partir de rochas básicas coma gabros ou serpentinas. Así pois o tipo de solo evita ou favorece o asentamento de vexetais adaptados a acidez dependente da rocha previa. Por iso no territorio galego son frecuentes os matos de toxos e Ericas, capaces de sobrevivir en solos silíceos moi pobres provintes da degradación de bosques e outros matos.
Nas zonas de solos enchoupados soamente desenvólvense determinados piornos e carrouchas, adaptados a esas condicións de excesiva humidade e do mesmo xeito no ámbito costeiro, onde rematan os cantís e aínda hai pouco solo tamén atopamos toxeiras e Ericas adaptadas a eses substratos pobres. Por outra banda, en solos máis desenvolvidos xa se poden instalar xesteiras e outro tipo de piornais, que necesitan solos máis profundos, que case permiten o asentamento de bosques.
A humidade e temperatura atmosférica tamén limita o asentamento de determinados vexetais. Algúns non son capaces de aguantar as secas veraniegas, coma a carroucha endémica Erica mackaiana, do norte cantábrico galego, e sempre necesita certa humidade ambiental, incluso en verano. Outros non poden coas altas amplitudes térmicas, ou necesitan certa calor estival sen apenas xeadas no inverno, coma é o caso dos loureiros, érbedos ou a carpaza (Cistus psilosepalus).
O vento vai condicionar a forma e tipo de mato que se desenvolve en zonas de altos ventos, coma é a costa e os cumes das montañas. En ambas situacións o resultado sempre son matos con forma de almofada. No primeiro caso distinguimos distintas variedades de toxos e carrouchas xunto a outras plantas, coma a herba de namorar. No segundo caso tamén teñen que aguantar o frio e a seca veraniega; baixo esas circunstancias desenvólvense en forma de almofada cimbros e piornos pinchudos.
A salinidade limita enormemente o establecemento de vexetais; soamente aqueles que teñen estratexias para aguantar a alta salinidade sobrevivirán. Estas extratexias son parecidas ás desenvolvidas para aguantar as altas insolacións, coma aparición de peluxes, follas pequenas e grosas... De feito os matos soamente desenvólvense nas partes máis altas dos cantís, onde a salinidade é mínima e o vento forte. Nestes lugares desenvólvense toxos e carrouchas.
FACTORES BIÓTICOS
Os factores bióticos son todas as relacións que se establecen entre os seres vivos dun ecosistema, tanto entre os individuos dunha mesma especie como entre os individuos de diferentes especies. As relacións poden ser positivas, neutras ou negativas para cada un dos organismos que entra na relación. Algunhas das relacións que se establecen nos ríos son:
Se ben nos animais entendemos claramente como dúas especies poden competir polo espacio, ás veces para os vexetais isto non é tan evidente. Non obstante eles desenvolven multitude de estratexias coma:
Probablemente, naqueles lugares onde varios tipos de plantas poderían desenvolverse, a compentecia será o factor biótico que máis condiciona o desenvolvemento dun tipo ou outro de mato.
Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces