Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Os matos son plantas leñosas de pequena altura, de entre 30cm ata 3 ou 4 metros de altura. A súa vez os terreos cubertos con estas plantas denomínanse tamén matos ou matas.

Porén, hai séculos utilizábanse  estas palabras para denominar a calquera bosque e de aí derivan certos topónimos da xeografía mundial coma Mato Grosso, que correspóndese a un territorio brasileiro poboado por unha gran selva ou Mata Ladeira, Matamá, Mato Lobeiro ou  Matomeao en Galicia.

Tamén podemos utilizar para os matos a expresión monte baixo, aínda que está máis limitada aos matos leñosos densos e de pouca altura.

Uz moura

Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces


Contacto e créditos