Unidades bioclimáticas de Galicia (Guitián et al., 2007)
As unidades bioclimáticas son os macroclimas, bioclimas, termotipos e ombrotipos, que permiten levar a cabo unha delimitación bastante precisa da vexetación característica de cada lugar no planeta. Seguindo a clasificación de Rivas-Martínez, S., 2007, globalmente recoñécense 5 macrobioclimas, 28 bioclimas e 5 variedades bioclimáticas.
O macrobioclima vén delimitado por uns valores climáticos, de vexetación e de comunidades vexetais relacionados cos grandes tipos de climas, biomas e rexións bioxeográficas da Terra. Estes macrobioclimas son: Tropical, Mediterráneo, Temperado, Boreal e Polar. No continente europeo aparecen os catro últimos macrobioclimas.
En Galicia atópanse 2 grandes macrobioclimas con vexetación característica, o Temperado e o Mediterráneo. Ademais a maioría da Galicia interior presenta un macroclima Temperado submediterráneo.
Dentro dos macrobioclimas diferéncianse 3 bioclimas en función da oceanidade-continentalidade, é dicir, en función da amplitude térmica anual . A continentalidade inflúe de maneira decisiva na distribución dalgúns vexetais. Os bioclimas son: Hiperoceánico subhiperoceánico , Oceánico, Continental semicontinental.
Por outra banda, tendo en conta as temperaturas medias anuais segundo a altitude, diferéncianse 6 pisos bioclimáticos (ou termotipos). Dentro de cada un deles existe unha vexetación indicadora que permite, no caso de non ter datos climáticos ou altitudinais, coñecer o ambiente onde nos atopamos. Asemade as plantas máis termófilas distribúense nos termotipos máis benignos con independencia de que os territorios sexan temperados ou mediterráneos. Os termotipos son: Mesomediterráneo, Termotemperado, Mesotemperado, Supratemperado, Orotemperado e Criotemperado.
Algunhas plantas indicadoras dos termotipos son:
ESPECIE VEXETAL | Mmt | Tt | Mti | Mts | Sti | Sts | Ot |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Pradairo de Montpellier (Acer monspessulanum) | |||||||
Érbedo (Arbutus unedo) | |||||||
Castiñeiro (Castanea sativa) | |||||||
Carpaza moura (Cistus ladanifer) | |||||||
Carpaza(Cistus psilosepalus) | |||||||
Carpaza (Cistus salviifolius) | |||||||
Clemátide (Clematis vitalba) | |||||||
Cysitus oromediterraneus | |||||||
Trovisco (Daphne gnidium) | |||||||
Echinosparitum lusitanica | |||||||
Faia (Fagus sylvatica) | |||||||
Freixo (Fraxinus angustifolius) | |||||||
Piorno falcata (Genista falcata) | |||||||
Piorno espiñento (Genista hystrix) | |||||||
Genista obtusiramea | |||||||
Lúpulo (Humulus lupulus) | |||||||
Cimbro (Juniperus alpinus) | |||||||
Loureiro (Laurus nobilis) | |||||||
Cantroxo (Lavanda stoechas subsp. sampaiana) | |||||||
Oliveira (Olea europaea var. sylvestris) | |||||||
Retama loca (Osyris alba) | |||||||
Escornacabras (Pistacia terebinthus) | |||||||
Lentella (Phillyrea angustifolia) | |||||||
Loro (Prunus lusitanica) | |||||||
Aciñeira (Quercus ilex) | |||||||
Carballo (Quercus robur) | |||||||
Sobreira (Quercus suber) | |||||||
Capudre (Sorbus aucuparia) | |||||||
Toxo (Ulex europaeus) | |||||||
Arandeira (Vaccinium uliginosum) |
Presente | |
Abundante |
Mmi: Mesomediterráneo, Tt: Termotemperado, Mti: Mesotemperado inferior, Mts: Mesotemperado superior, Sti: Supratemperado inferior, Sts: Supratemperado superior, Ot: Orotemperado e Criotemperado
NOTA 1: No Supratemperado tamén atópase o carballo albar, o teixo, o trovisco Daphne laureola e o salgueiro Salix caprea.
NOTA 2: Coas mesmas características do toxo atópase a xilbarda e as uvas de can (Tamus communis)
Por último, a relación entre a precipitación anual e o réxime de temperaturas permite establecer 4 ombrotipos: Subhúmido, Húmido, Hiperhúmido e Ultrahiperhúmido.