ORIXE DA COSTA GALEGA
Para entender como é a costa galega hoxe en día temos que remontarnos a máis de 300 m.a. . Foi hai uns 360m.a. cando comezaron a colisionar o gran continente Gondwana con Laurasia, dando lugar a un período de formación de montañas e cordilleiras chamado Oroxenia Hercínica, que non rematou ata 100m.a. despois. Nese momento xurdiu o supercontinente Panxea II.
Durante a oroxenia Hercínica formáronse en profundidade as rochas metamórficas e plutónicas (cuarcitas, xistos, granitos...) que forman na actualidade a base de Galicia. No momento da colisión, certos materiais de Laurasia cabalgaron sobre Godwana, e no noso país tamén aparecen representacións delas nos complexos ultrabásicos do cabo Ortegal, Ordes ou Melide.
Ao final do Paleozoico, entre o Pérmico e Xurásico, hai un 160m.a. prodúcese unha etapa distensiva que provoca fracturacións do oróxeno hercínico e a separación en distintas placas de Panxea. Durante todo este tempo vaise erosionando o oróxeno.
Ao final do Xurásico comeza a aparición do océano Atlántico (hai un 135 m.a.) e no Cretácico (80m.a.) un anaco da placa Euroasiática-Terranova sepárase delas, é a placa Ibérica e nese momento comeza a apertura do golfo de Biscaia pero, a inicios do Cenozoico, hai uns 60 m.a., a placa Ibérica colisiona con Eurasia polos futuros Pirineos e comeza a penetrar Eurasia por baixo da placa Ibérica dando lugar a outro período compresivo de formación de cordilleiras chamado Oroxenia Alpina, co que xorde unha fosa oceánica marxinal cara o sur, desenvólvese un prisma de acreción e coma consecuencia toda a marxe continental cantábrica (incluída a marxe galega) acúrtase ata 150km en 20m.a. e prodúcese unha costa rectilínea moi definida. Na mesma oroxenia reactívanse aquelas fracturas tardihercínicas afectando para sempre ao relevo de Galicia, que transfórmase nunha serie de ringleiras elevadas e afundidas, incluso na marxe continental occidental, que condicionarán para sempre a xeomorfoloxía actual.
Desde o Mioceno (hai 15 m.a.) ata agora foise producindo o recheo das cuncas, o encaixamento da rede fluvial, a modelaxe glaciar (ou periglaciar) e o modelado costeiro con formación de rías e rasas.
Hábitats costeiros: Que é? | Tipos | Vexetación | Factores | Formación | Enlaces