Os cantís presentan unha topografía abrupta, natureza rochosa e están sometidos a fortes procesos de erosión. Imprégnanse de sal polas pequenas gotas de auga (aerosois) que se levantan coa oleaxe e a batida de auga contra a súa base, o que condiciona a aparición dunha vexetación particular que se sitúa en distintas bandas.
Parte inferior: soamente son colonizadas as pequenas fisuras de rochedo onde se acumula algo de solo. As fisuras máis sombrizas están colonizadas polo fento mariño (Asplenium marinum) e as solleiras están colonizadas por plantas especialistas como o fiúncho mariño (Crithmum maritimum) e a herba de namorar ( Armeria pubigera subsp. pubigera).
Repisas superiores: están colonizadas por pequenos prados de Festuca rubra subsp pruinosa, de cenoria mariña (Daucus carota subsp. gummifer), anxélica mariña (Angelica pachycarpa), aceda mariña (Rumex acetosa subsp. biformis). Moitas prantas deste nivel son endemismos galegos ou noroccidentais ibéricos
.
Parte superior: aparecen toxais onde os matos son achaparrados e de formas aerodinámicas “adaptadas” ao forte vento. Atópanse toxos, troviscos e outras plantas coma queirugas, carrascos, colexas mariñas ou carpazas azuis.
Bosques: antigamente aparecían pequenos bosques de loureiro, érbedo e outras plantas de folla dura, perenne, representantes da vexetación terciaria. Na actualidade so en contados lugares aparecen.
NOTA: Nos acantilados máis visitados polas aves mariñas existen comunidades vexetais nitrófilas ligadas ás súas dexeccións.
A particular situación das marismas provoca a aparción de gradientes ecolóxicos en función do preto que estean do mar os vexetais ou ás canles da marisma.
A vexetación das marismas contribúe a reter os materiais finos da mesma e eleva progresivamente o nivel da marisma, que tende ineludiblemente ao seu recheo. Distínguense catro faixas ben caracterizadas:
Totalmente cubertas de augas, sobre as lamas: prados de Zostera marina e Z. noltii.
Fangos máis altos: Spartina maritima (gramínea), que case se cobre totalmente en cada marea. Case non se pode camiñar por aqui porque afundes.
Nivel terrestre: Puccinelia maritima (gramínea) e prantas leñosas, sen follas e con tallos engrosados e cheos de zumes salinos coma Sarcocornia radicans.
Por encima: xuncales como o xunco mariño ( Juncus maritimus) ao que acompaña Limonium serotimun(clavel marítimo) , Triglochin maritima, Halimione portulacoides, etc.... É aquí e en niveis superiores onde se produce a maior biodiversidade florística.
Ademais as marismas galegas destacan pola súa biodiversidade de peces e de moitas aves. Case toda a costa galega posúe marismas con lagoas. As lagoas costeiras son hábitats prioritarios da Directiva Hábitats de augas estancadas.
Desde o centro á marxe da lagoa distinguimos as seguintes liñas de vexetación:
Plantas profundas que teñen as súas follas flotantes: coma as tapadeiras
Plantas profundas coas follas moi divididas, baixo a auga coma as cercodianas.
Plantas coa súa base dentro da auga pero con largas cañas erectas coma espadanas, carrizos, antelas ou espadanas amarelas. Esta vexetación pódese atopar tamén nos fondos de ría.
Nas zonas máis calmas de calquera lagoa e regato atómanse mantas de lentellas de auga.
Outras moitas lagoas presentan augas salobres, que condicionan a desaparición da vexetación anterior e o asentamento de vexetación máis parecida ás das marismas.
As dunas son hábitats sumamente fráxiles debido ao seu substrato areoso polo que a vexetación posúe estruturas moi simples e vulnerables. A cantidade de sal da duna varía desde o mar cara a dentro o que determina as zonas de vexetación que se establecen.
Distínguense tres bandas de vexetación:
Cerca do mar, adaptadas a grande salinidade: eiruga de mar ( Cakile maritima) e acelga mariña (Beta maritima). A súa posición varía dependendo das tormentas invernais.
No pé de duna: o fenal (Elymus farctus subspe boreali-atlanticus) e o feo ( Ammophila arenaria subsp. australis). Estas gramíneas emiten estolóns no solo areoso que contribúen a súa fixación. Ademais atópanse outras plantas coma Euphorbia paralias, pan de gaivotas (Pancratium maritimum), cardo mariño (Eryngium maritimum), etc.
Zona de estabilización de duna, acumulación de materia orgánica e menos salinidade: atópanse brións, liques e plantas de cepas leñosas coma Iberis procumbens ou Helischrysum picardii.
Bosques costeiros: O aproveitamento tradicional do territorio conlevou á desaparición de bosques naturais e seminaturais sobre depósitos dunares. As formacións arborizadas existentes corresponden a repoboacións forestais recentes que non aparecen coma prioritarias pola Directiva.
As dunas son ricas en endemismos, p.e. en Galicia atopamos Omphalodes littoralis subsp. gallaecica, Silene scabriflora subspe. gallalecica .
Hábitats costeiros: Que é? | Tipos | Vexetación | Factores | Formación | Enlaces