O cuadrante que vai desde as Serras Setentrionais ata o mar Cantábrico, entre as concas do río Eume e o río Eo, caracterízase por unhas condicións climáticas particulares que vense claramente reflexadas na vexetación particular que se desenvolve nesta zona.
- Por baixo dos 700m, sobre solos silíceos, de pobres a moderadamente ricos en nutrientes, en xeral profundos e con bo humus, desenvólvense as exclusivas xesteiras de Cytisus ingramii, unha leguminosa inconfundible polas súas flores bicolores e que vai acompañada do toxo común. Esta xesteira indícanos un solo preparado para a rexeneración dos bosques pola súa profundidade e estrutura.
- Nestas mesmas localizacións, pero sobre solos máis pobres aparece a toxeira de toxo común coa carroucha Erica vagans, unha carroucha que soamente se atopa en determinados puntos desta zona, coma no noleste de Lugo ou sobre os solos arxilosos da Capelada (ademáis da Terra de Melide).
- Nas zonas máis chuviosas, sobre solos mellor desenvolvidos aparece a toxeira de porte baixo formadas polo toxo, Ulex gallii e unha carroucha pequena, case endémica de Galicia e Asturias, a Erica mackaiana, que tamén é exclusiva desta zona e é un bo indicador do verán cantábrico sen seca estival grazas as abundantes néboas veraniegas.
- Por último no litoral costeiro acantilado atópase a toxeira de cantil.
Voltar ao mapa dos tipos de hábitats matos
Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces