Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Tipos de hábitats matos: dos cantís

Os matos típicos dos bordes dos cantís litorais son TOXEIRAS que aparecen en forma de almofada nas zonas expostas aos ventos do mar. O vento actúa coma factor limitante pola súa acción mecánica e polo sal que arrastra nas salpicaduras da ondanada. 

Os toxos están acompañados doutras plantas resistentes á salinidade coma Angelica pachycarpa, Dactylis glomerata var. maritima, Daucus carota subsps gummifer, Festuca rubra subsps. pruinosa, o Rumex acetosa subsp biformis.

Estas toxeiras pódense confundir coas toxeiras de degradación dos bosques que se atopan nas ladeiras das lomas dos acantilados pero distínguense polo aspecto e a vexetación acompañante,  que no caso dos toxais costeiros é vexetación adaptada á salinidade dos cantís. A máis os toxais costeiros soen limitarse a unha estreita banda en contacto co rochedo que cae o mar.

Máis información

Dada a lonxitude da costa galega este tipo de matogueira presenta algunha variación na súa flora acompanante. Así, en determinados puntos da costa lucense aparece Erica vagans. En toda a costa cantábrica ata a zona do golfo Ártabro no atlántico, aparecen Armeria depilata e Silene maritima, mentres que desde o golfo Ártabro ata o sur de Pontevedra aparecen  Armeria pubigera, Cistus salvifolius e Daphne gnidium.

Outros matos costeiros: matos de camariña

Os matos de  camariña son escasísimos na nosa comunidade. Aparecen sobre solos areosos costeiros desde as Cíes ata Valdoviño, sobre todo nos pobres solos areosos de transición de praias salvaxes protexidas como os do Parque Nacional das Illas Atlánticas nas illas Cíes ou na praia do Trece, cerca de Camariñas.



Voltar ao mapa dos tipos de hábitats matos


Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces


Contacto e créditos