Estes prebosques inclúen matos altos e maioritariamente caducifolios que costitúen as orlas e comunidades de recuperación de diversos tipos de bosques, principalmente caducifolios, desenvolvidos sobre solos ricos en bases. Pódense distinguir varios tipos:
- Os espiñeirais e roseirais máis coñecidos, que se desenvolven sobre solos ricos en nutrientes, tipo arxiloso ou limoso, son escasos en Galicia e soamente os atopamos na Galicia interior e nos afloramentos calcáreos do oriente galego, en O Courel e A Lastra. As especies características son a silva Rubus ulmifolii, as rosas de distintas especies e pequenas árbores espiñentas como o espiño ou o bruñeiro
-
Na maioría de Galicia aparecen as árbores xunto a roseira (Rosa canina) e moitas plantas gabeadoras coma as uvas de can, a herba dos dedos, a herba salgueira, a herba dos esmoleiros ou a hedra, que poden acadar coberturas moi amplas.
- Pero, nas zonas mediterráneas do val do Sil, asociadas aos enciñais, aparece a Rosa corymbifera, xunto con outros matos altos de distribución mediterránea coma o escornacabras ou a lentella e as árbores de espiñeiral.
- Os espiñeirais de solos pobres e máis acedos están extendidos por todo o país, aínda que non están estudados en detalle. A especie característica é a silva.
Estes espiñeirais, ao estar dominados por matos e árbores espiñentos xunto con lianas que se enmarañan entre eles foron a miúdo favorecidos polos seres humanos nas súas áreas naturais coma sebes das fincas. Nestas sebes poden atoparse árbores espiñentas coma o bruñeiro, o espiño albar, ou o estripo.
Voltar ao mapa dos tipos de hábitats matos
Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces