Tipos de hábitats matos: prebosques mediterráneos
Distinguimos dous tipos de prebosque mediterráneo, os erbedais e os louredos, ámbolos dous independentes do tipo de solo.
Así pois os érbedos e loureiros son unhas interesantísimas especies que nos evocan a tempos doutros climas máis cálidos en Galicia. Parece evidente que a orixe destes prebosques estivo na expansión da vexetación mediterránea nun pasado non moi lonxano e que o posterior cambio climático fixo que soamente en determinados refuxios favorables se conservaran estas pequenas árbores. Asemade, as pequenas manifestacións costeiras representan unha proba do que foron as migracións de vexetación a través de Galicia, polo que debería reivindicarse a súa conservación.
Voltar ao mapa dos tipos de hábitats matos
Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces