Tipos de hábitats matos: toxeiras meridionais
Nas zonas baixas do sur de Galicia, así como no val do Miño e algún dos seus afluentes ou o val do Limia as condicións climáticas vólvense máis termófilas, húmidas e oceánicas o que condicionaría a aparición de carballeiras ou bosques de cerquiños termófilos caducifolios.
Non obstante a talla ou queima dos antigos bosques climax fixo que se empobrecera o solo nestas zonas acedas, traendo coma consecuencia a aparición dunha toxeira meridional con toxos con espiñas máis brandas do habitual, que se desenvolven ben nestas condición climáticas, como o Ulex minor e o toxo endémico Ulex micranthus, que aparecen acompanados da pequena carroucha Erica umbellata.
Estes toxos indícanos os menores fríos e a maior oceanidade e pluviosidade da zona onde asentan.
Ademais desaparecen especies máis norteñas, como a queiruga maior (Daboecia cantabrica).
Voltar ao mapa dos tipos de hábitats matos
Hábitats matos: Que é? | Tipos | Factores | Formación | Enlaces