Mini Atlas Portada web Vexetais Hábitats Espazos protexidos Xeralidades

Para que nun lugar se forme unha turbeira téñense que dar varias condicións:

Estas condicións aparecen en lugares con baixas temperaturas medias anuais nos que haxa zonas afundidas, coma marxes de lagoas que se van recheando, lugares planos que teñan algunha capa impermeable no subsolo que permita que permaneza enchoupada a zona ou en áreas que, aínda que non haxa contacto coa auga subterránea, logran manter un alto grado de humidade grazas ás precipitacións (chuvia, orballo, néboas) e ás características da vexetación que alí se desenvolve.

Baixo estas situacións os fungos e bacterias descompoñedores non crecen ben e non poden descompoñer os restos dos vexetais mortos, que vanse transformando pouco a pouco en turba facendo crecer a turbeira uns centímetros por século.



Hábitats turbeiras: Que é? | Tipos | Vexetación | Factores | Formación | Enlaces


Contacto e créditos